Están orientadas a estudantes que fan o seu TFG/TFM no curso 20-21 aínda que está aberto a estudantes de calquer curso
MATRÍCULA LIMITADA: 200 prazas.
Podes matricularte nunha ou varias pílulas facendo click en aquelas pílulas nas que queres asistir
HORARIO: todas as pílulas celebraranse ás 16 horas.
NORMAS DE ACCESO: as pílulas emitiránse en directo a través de TEAMS. Accederase á plafaforma co micrófono e cámara apagada para evitar a sobrecarga da rede. Soamente en caso de presentar algunha dúbida poderánse activar.
O/a moderador/a da sesión dará a palabra.
PAT: Todas as actividades forman parte do Plan de Acción Titorial da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.
ACLARACIÓNS: estas pílulas son organizadas polo grupo de Investigación GITIAES da nosa Facultade, polo que non corresponde a súa xestión ao decanato.
Poderán cambiarse de datas ou suspenderse por cuestións que afecten ao profesorado que as imparte. Sempre avisarase por email de calquera incidencia ao respecto.
Colaboran:
IMETIC: Grupo de Innovación Metodolóxica a través das TIC
GIPDAE: Grupo de investigación en psicoloxía do desenvolvemento e da aprendizaxe escolar
Grupo de Investigación estratexias de intervención nos trastornos da linguaxe oral e escrito
DILEC: Grupo de investigación en Linguas e Culturas.
FORVI: Formación y Orientación para la Vida
En cumprimento do artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e do artigo 11 da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPD), informamos que os datos que nos facilite a través do presente formulario, serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade da Coruña (UDC), sendo os seus datos de contacto Rúa Maestranza 9, 15001, A Coruña, teléfono 981167000, correo electrónico rpd@udc.gal.
A finalidade do tratamento destes datos persoais é de carácter formativo. Todas as persoas que entren en contacto con estes datos coa citada finalidade cumprirán o deber de confidencialidade establecido no artigo 5 LOPD. Estes datos trataranse durante o tempo imprescindible para cumprir coa citada finalidade, sen prexuízo da súa conservación en relación coa posible esixencia de responsabilidades legais. Os datos serán destruídos unha vez finalizado o evento e emitido o correspondente certificado de asistencia.
Vostede consinte expresamente no citado tratamento de datos aos efectos de cumprir coa finalidade descrita e terá dereito a retirar o seu consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos, salvo que o tratamento dos datos quede xustificado con algunha das outras bases de lexitimación contempladas no artigo 6 RXPD. Así mesmo, ten dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse ao citado tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poder público, a portabilidade dos seus datos. Así mesmo, terán dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís.
Tales dereitos poderanse exercer: destacadamente, a través do formulario para o exercicio dos dereitos en materia de protección de datos persoais, que se pode cubrir na Sede Electrónica da UDC, no apartado de Outros trámites; ou mediante solicitude remitida (por correo postal ou a través dos Rexistros presencial e da Sede electrónica da UDC) á Secretaría Xeral, Reitoría da Universidade da Coruña, Rúa Maestranza 9, 15001 de A Coruña, ou ao correo electrónico rpd@udc.gal, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado achegando copia do DNI. Igualmente poderá dirixir esta solicitude á/ao Delegada/o
|