O Grupo Interuniversitario de Integridade Académica no Sistema Universitario de Galicia composto polos grupos GIACE da UDC, IDEA da USC e GIE da UVigo, convoca o I Concurso Universitario de Integridade Académica no SUG. O obxecto do concurso é a realización dun cartel sobre as condutas e prácticas que debe ter en conta e poñer en práctica o alumnado co fin de evitar accións contra a integridade académica. A finalidade céntrase en concienciar e potenciar a cultura ética e a responsable na integridade académica na Educación Superior. O cartel haberá de reivindicar as condutas e prácticas que debe ter en conta e poñer en práctica o alumnado co fin de evitar accións contra a integridade académica, nun ou varios dos seguintes aspectos: Accións deshonestas nas exames: Empregar “costeletas” para copiar nunha exame. Accións deshonestas nos traballos Entregar como propio un traballo completo descargado da Internet, sen modificalo. Accións deshonestas cara o profesorado Falsificar documentos académicos (certificados de notas, etc.) Incluír a un ou unha compañeiro/a nun traballo en cuxa elaboración non participou. 1.- Cartel en pdf: o nome do cartel deberá referenciarse como: nome_apelido_apelido_sigla_universidade_cartel_ga.pdf exemplo: jesus_munoz_cantero_UDC_cartel_ga.pdf 2.- Un certificado de estar matriculado/a nun título de grao ou máster nalgunha das Facultades de Ciencias da Educación. exemplo: Os documentos (cartel en pdf en galego e castelán e documento de matrícula) deberán enviarse o seguinte enderezo: concurso@plaxio.org No corpo do mensaxe deberá incluirse os seguintes datos do/a participante:CONVOCATORIA DO I CONCURSO INTERUNIVERSITARIO DE INTEGRIDADE ACADÉMICA NO SUG
Ganadores do I Concurso Interuniversitario de integridade académica no SUG
1º Premio Universidade da Coruña
1º Premio Universidade de Santiago de Compostela
1º Premio Universidade de Vigo
OBXECTO DO CONCURSOBASES DO CONCURSO
1.- Participantes : Poderá participar o alumnado (de grao e máster) das Facultades de Ciencias da Educación das tres universidades públicas galegas. O cartel realizarase individualmente.
2.-Temática
Empregar dispositivos tecnolóxicos (móbiles, tabletas, auriculares sen fíos, ...) para copiar nunha exame.
Copiar dun o dunha compañeiro/a durante unha exame
Permitir que un ou unha compañeiro/a me copie durante unha exame.
Suplantar a outra persoa nunha exame.
Permitir que outra persoa me suplante nunha exame.
Compartir na Internet unha exame.
Conseguir unha exame dun o dunha compañeiro/a que xa o realizou.
Vender unha exame.
Mercar unha exame.
Negar estar a copiar nunha exame cando se está facendo.
Utilizar un pretexto falso para pedir aprazar unha exame.
Facer un traballo a partir de fragmentos copiados literalmente sen pór os/as autores/as.
Engadir referencias bibliográficas non consultadas nun traballo.
Excluír nun traballo referencias bibliográficas consultadas.
Presentar como propia unha obra traducida literalmente da Internet, que foi escrita noutro idioma.
Incluír fotografías, imaxes, vídeos, etc. nun traballo sen pedir autorización para ou seu uso.
Utilizar un pretexto falso para pedir aprazar a entrega dun traballo.
Presentar como propio un traballo doutro/a alumno/a.
Mercar ou vender un traballo.
Incluír datos falsos nun traballo.
Omitir a comunicación ao profesorado de casos de fraude cometidos por outros/as alumnos/as.
Utilizar un pretexto falso para xustificar a non asistencia a clase.
Inventar problemas persoais para que o/a profesor/a modifique a cualificación da avaliación.
Falsificar a sinatura dun ou dunha profesor/a nun documento.
Accións deshonestas cara os/as compañeiros/as
Negarse a cooperar nun traballo en equipo.
Menosprezar as achegas dun ou dunha compañeiro/a nun traballo.
Danar o material de traballo dos/das compañeiros/as.
Interferir na realización das actividades académicas dos/das compañeiros/as.
3. Características técnicas:
4. Prazo de presentación
O prazo de presentación será dende o día seguinte da publicación das bases na páxina web plaxio.org e naquelas propias das Facultades implicadas, ata o día 28 de febreiro de 2023 ás 24 horas.
5. Forma de envío dos traballo e documentos a enviar
Os traballos deberán remitirse en formato pdf para galego (ga) e castelán (cas):
nome_apelido_apelido_sigla_universidade_cartel_cas.pdf
jesus_munoz_cantero_UDC_cartel_cas.pdf
O nome deste arquivo deberá referenciarse como nome_apelido_apelido_sigla_universidade_matrícula
jesus_munoz_cantero_UDC_matricula
6. Premios
Concederase un único premio por cada Universidade. O premio consistirá nunha Tableta GALAXY TAB A8 WIFI 64GB con pantalla 10,5.
Darase certificado para o 2º e 3º premio.
7. Criterios de valoración
8. Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación das bases.
As persoas que participen, responsabilizaranse da súa orixinalidade e autoría. A participación fraudulenta dará lugar á exclusión da solicitude presentada, sen prexuízo doutras responsabilidades que puidesen esixirse pola mesma.
9. Xurado
As persoas que formarán parte do xurado serán os/as decanos/as das tres Facultades de Ciencias da Educación das tres Universidades ou persoas en quen deleguen e cinco membros do Grupo Interuniversitario de Integridade Académica no Sistema Universitario de Galicia. A resolución do xurado será inapelable e se o considera conveniente poderá deixar o premio deserto.
10. Dereitos de propiedade
A propiedade intelectual dos traballos será dos/das participantes, se ben a organización poderá facer uso deles como mecanismos de difusión nas súas redes sociais, sempre que non supoñan ánimo de lucro, polo que non se poderá comercializar con eles.
O Grupo interuniversitario resérvase o dereito a procesar, adaptar, modificar e corrixir con total liberdade os traballos gañadores co fin de adaptalos ás necesidades propias do obxecto do concurso.